CHARLA E TALLERES PARA MELLORAR A COMUNICACIÓN FAMILIAR

O Auditorio da Fábrica en Santa Cristina acollerá o próximo xoves, 3 de novembro, ás 20:00 h unha charla divulgativa na que, baixo o título de “O PODER DAS PALABRAS”, se falará de comunicación e da xestión das emocións co obxectivo de mellorar as relacións nas familias, principalmente entre os pais e as nais e os seus fillos e fillas.

Nesta charla divulgativa as persoas asistentes poderán coñecer todas estas ferramentas da man de Mar Sánchez, psicóloga experta en comunicación e xestión emocional e profesional de recoñecido prestixio nestes ámbitos.

Tras a celebración da charla abrirase ao día seguinte un periodo de inscrición, a través da carpeta cidadá da web municipal, para un obradoiro denominado “COMUNICACIÓN E XESTIÓN EMOCIONAL NO ENTORNO FAMILIAR” que se celebrará en cinco sesións, os xoves pola tarde, en horario de 19:00 a 21:00 h nas instalacións do Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo” nas seguintes datas: 10, 17 e 24 de novembro e o 1 e o 15 de decembro.

O obradoiro está dirixido especialmente a pais e nais que desexan mellorar e fortalecer a comunicación cos seus fillos e fillas, co fin de manter unha relación fluida e establecer unha base de confianza mutua que facilite o diálogo e a crianza.

A aprendizaxe destas técnicas permitirá mellorar as relacións familiares e prevenir problemas e conflictos que se poidan presentar no futuro. Saber traballar as emocións, coñecer como as emocións dirixen a nosa conducta, conectar cos fillos e fillas a través do respecto e a igualdade, xenerar seguridade e potenciar a autoestima, son claves para mellorar a convivencia no ámbito familiar.

A metodoloxía proposta para estes obradoiros é vivencial, participativa e divertida, con dinámicas nas que aprender sexa algo divertido e constructivo, e nos que, sesión tras sesión, poderemos observar e recoñecer os avances acadados coa aplicación dos coñecementos adquiridos.

O obradoiro é totalmente gratuito e as plazas son limitadas, cun periodo de inscrición que se abrirá o venres 4 de novembro ás 08:00 h da mañán e rematará o día 8 de novembro ás 23:00 h. A inscrición será única e exclusivamente a través da carpeta cidadá, na web municipal, co fin de evitar desprazamentos e facilitar a inscrición a través dun sinxelo trámite.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s