Estimado socios, informamos do novo nome do colexio CEIP DE OLEIROS, publicado hoxe no DOGA, agora pasa a chamarse oficialmente: COLEXIO DE EDUCACION INFANTIL E PRIMARIA JUANA DE VEGA.
Mércores, 21 de decembro de 2016Páx. 55262
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 1 de decembro de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Oleiros, no concello de Oleiros.
De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, DOG do 21 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: A Coruña.
Concello: Oleiros.
Código: 15032911.
Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Oleiros.
NOVA DENOMINACIÓN: COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA JUANA DE VEGA.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria