O Concello de Oleiros celebrará o día do libro con numerosas actividades nas bibliotecas municipais

Dendo hoxe, as bibliotecas municipais de Oleiros acollerán múltiples actividades dirixidas a conmemorar o día do libro. Contacontos infantís, obradoiros de diversas temáticas para nenos e nenas, exposicións, lecturas en voz alta.

Para os máis pequenos, ademais das actividades que se desenvolven en horario escolar dirixidas a todos os centros de ensino público, a programación prevista é a seguinte:

BIBLIOTECA RIALEDA. PERILLO

– 30 DE MARZO (18:30): Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, Unha granxa diferente con Soledad Felloza.
– 6 DE ABRIL (18:30): Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, Mans con Pablísimo.
BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ

– 29 DE MARZO (18:30): Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, Onde está a risa de Lúa? con Charo Pita.
– 5 DE ABRIL (18:30): Obradoiro para nenas e nenos maiores de 7 anos, Arte nos libros: Luís Seoane con Crearte Servizos Culturais.

BIBLIOTECA MARÍA JOSÉ TRINCADO. MERA

– 7 DE ABRIL (17:30): Obradoiro para nenas e nenos maiores de 7 anos, Obradoiro de maxia con Chrystyan Magic.
BIBLIOTECA MARÍA JOSÉ RUSO. DORNEDA

– 3 DE ABRIL (18:30): Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, Este queixo queixolán con Pavís Pavós.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS

– 31 DE MARZO (18:30): Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, Contos para toda a catizumba con Paula Carballeira.

BIBLIOTECA MANUEL MARÍA. OLEIROS

– 4 DE ABRIL (18:30): Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, Contos para nen@s trastes con Marisa Irimia.

BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ

– 6 DE ABRIL (18:30): Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, O ratiño presumido con Lilí Gruyère.

Tamén se desenvolverán durante as vindeiras semanas as seguintes actividades:

-Exposición bibliográfica sobre a escritora, Gloria Fuertes, para conmemorar o centenario do seu nacemento. Terá lugar durante o mes de marzo nas bibliotecas de Rialeda, Santa Cruz e Dorneda.

-Exposición de obras de H. C. Andersen, ademais de outros autores que recibiron o Premio Andersen e de escritores galegos infantís e xuvenís. Realizaranse en todas as bibliotecas.

-Exposición bibliográfica “Vén que che vou contar un conto: exposición de libros infantís e xuvenís” . Terá lugar na Biblioteca Manuel María de Oleiros.

-Mostra fotográfica “Os libros de Nós viaxan contigo”, que consiste nunha recompilación de fotos dos usuarios de todas as idades cun libro nas súas mans, para despois montar na biblioteca un mural. Realizarase na Biblioteca Ánxel Fole de Nós.

-Xoga e aprende como se fai…coas poesías de Gloria Fuertes é unha actividade para os máis pequenos. Realizarase na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz.

-En Abanico de poemas solicitaráselle aos usuarios que fagan pequenos poemas para despois escribilos en cada unha das variñas do abanico, que estará exposto na entrada da biblioteca. Terá lugar na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz.

-Cóntame un conto é unha actividade na que os usuarios que o desexen participarán nunha xornada de lectura en voz alta dos libros da exposición. Realizarase na Biblioteca Mª José Trincado de Mera.

-Facemos un libro?, actividade plástica onde os nenos poderán confeccionar un libro con pequenos debuxos, texto e unha cuberta. Terá lugar na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé.
-En Recoméndame un libro os usuarios recomendarán un ou varios libros que lles gustaran. Poñeranse nunhas tarxetas e estas exporanse na biblioteca. Realizarase na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé.

-Marca a túa páxina consistirá na confección dun  marcapáxinas conmemorativo que poderán realizar todos os nenos que acudan á biblioteca. Terá lugar na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s