Charla aberta Na Fábrica de Oleiros “Redes sociais e adolescencia. Qué está pasando?”

O próximo venres, 6 de abril, ás 19:30 h, no auditorio da Fábrica, haberá unha charla aberta dirixida ás familias titulada “Redes sociais e adolescencia. Qué está pasando?”

O contido desta charla non é de ciberseguridade na rede como outras similares que se organizaron e se están a impartir polos centros educativos, está enfocada aos comportamentos e as relacións que manteñen os rapaces e as rapazas nesa idade tan importante da vida como é a adolescencia, na que configuran a súa personalidade e identidade, así como as súas creencias.

As redes sociais están a xogar un papel moi importante, posiblemente sexa un dos elementos de socilaización mais importantes para eles e elas hoxe en día, polo que as familias debemos coñecer de cerca que hai detrás, qué está pasando nas relacións que manteñen a través deses canais, cómo inflúen na súa vida, no seu desenvolvemento, nas relacións entre iguais e coa súa familia.

Pensamos que esta charla aberta pode acercarnos a coñecer mais de cerca unha realidade da que non somos conscientes ou descoñecemos gran parte dela. Para iso imos contar coa presenza de dúas especialistas nesta materia, Virginia Pañeda e Sara Vierna, educadoras especialistas en redes sociais, xénero, intelixencia emocional e coaching educativo, que nos acercarán a realidade que están a vivir as nosas fillas e os nosos fillos nestes momentos nas redes.

Unha charla dirixida ás familias de nenos e nenas en idade da adolescencia pero tamén das etapas anteriores, debemos ter información para prevenir moitos dos problemas que poden chegar no futuro. Hoxe en día gran parte do alumnado dos cursos de primaria xa é usuario e usuaria de redes sociais e teñen teléfonos móbiles, polo que a información é a mellor forma de prevención.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s