Comezamos a nosa andaina

Chegou o momento. Tomamos o relevo dos nosos compañeiros, a quen agradecemos enormemente o seu traballo e adicación. Podémosvos asegurar que estamos motivados e ilusionados coa formación deste novo equipo que xorde da Asamblea Xeral celebrada o pasado maio.

Queremos presentarnos. Somos nais e pais do CEIP Juana de Vega, somos familias. Temos moitas cousas en común e tamén moitas diferencias, pero compartimos o interese pola implicación na educación dos nosos fillos e a participación na comunidade educativa do centro.

Entre as nosas funcions está promover e facilitar a participación das familias na xestión do centro.

Temos moitas ideas, proxectos e ganas de traballar. Gustaríanos que colaboredes connosco achegando as vosas ideas e opinions.

Aproveitamos a ocasión para animarvos a formar parte do Anpa e gustaríanos contar coa vosa participación nas asambleas que organicemos. Necesitamos as vosas ideas e a vosa cooperación, consideramos importante que todas a inquietudes sexan escoitadas. Podedes contactar con nós a través do correo electrónico, do Facebook o neste mesmo blogue.

Pola nosa banda, manterémosvos informados de todos os nosos proxectos e os do centro.

Coa ilusión e o traballo de todos, poderemos ser conscientes e partícipes da importancia da escolá no presente e no futuro dos nosos fillos.

Dexesámosvos un feliz verán a todos!

Xunta Directiva da ANPA do CEIP Juana de Vega.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s