Con motivo das festas de Nadal, as familias estamos invitados a estar cos nosos peques nas actividades extraescolares.
– INGLÉS: Mércores día 19 de decembro. 15 minutos antes de que rematen as clases (isto é, 16:15h e 17:15h) poderán entrar as familias para presenciar unha actuación que teñen preparada.
– JUDO: Mércores día 19 de decembro. As familias poderán asistir á clase e levar algo de merenda para compartir todos xuntos.
– TEATRO: Xoves día 20 de decembro. As familias están convidadas á unha pequena obra de teatro ás 16:00h.
– BAILE MODERNO: Xoves día 20 de decembro. As familias están convidadas á unha pequena actuación ás 16:15h.
– PREDEPORTE: Xoves día 20 de decembro. As familias están convidadas a asistir á clase ás 17:15h.
!Esperamos que disfrutedes moito!