Programación cultural

image003Achegamos información dos espectáculos infantís programados para esta fin de semana.

sábado 22 Elefante Elegante presenta “Patapatúm” no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, e o domingo 23 Tanxarina estará co espectáculo “A Galiña Azul” no Auditorio Cultural A Fábrica en Perillo.

Non volo perdades !!

Sábado 22 de decembro ás 18:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

Elefante Elegante, presenta o espectáculo Patapatúm.

 Sinopse: As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.

 Autoría: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Dirección: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez.

Elenco: Agustín Bolaños, María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Xénero: teatro xestual.

Duración: 45 minutos.

Público: familiar, recomendado para nenos e nenas entre 3 e 8 anos.

Prezo: 2,50 euros.

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

 

Domingo 23 de decembro ás 18:30 horas

Auditorio Centro Cultural A Fábrica, de Perillo

 Tanxarina presenta o espectáculo A Galiña Azul.

SinopseA galiña azul é un espectáculo que mestura monicreques e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares. A galiña azul resulta unha convincente arma contra a inxustiza, unha clara defensa da diversidade. Fainos lembrar que aínda é posible loitar contra a homoxeneidade cando esta vén imposta, que formas alternativas de resistencia seguen existindo aínda que sexa pintando galiñas de azul e organizándose de xeito colectivo.

Autoría: Carlos Casares.

Dirección: Cándido Pazó.

Elenco: Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo Rodríguez “Tatán”.

Xénero: Teatro / Monicreques.

Duración: 50 minutos.

Público: Familiar.

Prezo: 2,50 euros.

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s