Reserva praza centro secundaria

A ATENCIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA
(Decreto 254/2012, Orde do 12 de marzo de 2013, Orde do 25 de xaneiro de 2017)
RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (IES MIRAFLORES)
➢Xestión da solicitude de reserva de praza.
As familias poderáncumprimentar as solicitudes de reserva:
– de xeito manual: cubrindo e entregando o formulario ED550A na Secretaría do CEIP JUANA DE VEGA
– a través da aplicación informática “admisionalumnado”
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, no menú:
Solicitudes-Reserva-Crear solicitude de reserva
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP JUANA DE VEGA) ou en calquera dos
lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE
ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
➢Prazo de solicitudes: do 1 ao 15 de febreiro
➢ Publicación de listaxes: As listaxesco alumnado admitido e non admitido (de ser o caso) serán publicadas nos
taboleiros de anuncios tanto no IES como no CEIP o 28 de febreiro como data límite.
Unha vez publicadas as listaxes, de ser admitidos, esta reserva adquirirácarácter vinculante e será incompatible coa
solicitude de admisión noutrocentro,salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición (IES
Miraflores )antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 demarzo).
A presentación de solicitude de admisión noutro centro, estando vinculado porreserva terá a consideración prevista no
artigo 34.1 b) da Orde do 12 de marzode 2013 para os efectos de perda de prioridade.
➢ Formalización de matrícula: Este alumnado terá que formalizar a matrícula noIES MIRAFLORES nosprazos establecidos
na Orde do 12 de marzo de 2013(do 25 de xuñoao 10 de xullo).
SOLICITUDE DE ADMISIÓN NUN CENTRO DISTINTO AO DE ADSCRICIÓN
O alumnado que non queirafacer a reserva de praza no IES Miraflores, terá querealizar a solicitude de admisión
(formulario ED550B) no Centro que elixa comoprimeira opción do 1 ao 20 de marzo, (de xeito manual ou a través da
aplicación“admisionalumnado”) entregando no centro de orixe (CEIP Juana de Vega)copia de dita solicitude.
OUTRAS INFORMACIÓNS
Os formularios ED550A e ED550B serán facilitados gratuitamente na Secretaría doCentro e tamén estarán
dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, naaplicación “admisionalumnado”
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da Consellería competente en materia de educación.
O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitacións a través da aplicación informática
«admision alumnado»(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de
DNI da persoa solicitante.
A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de GaliciaNotific@
(https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas
territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s