Co obxectivo de saber a vosa opinión do funcionamiento do comedor e das actividades extraescolares e poder mellorar aqueles aspectos que o necesitasen, fai un mes lanzamos unha enquisa ás familias.
Detectamos que un aspecto a mellorar podería ser a comunicación entre familia e persoal de comedor para saber, sobre todo cos alumnos máis pequenos, se están contentos no comedor, se mostran interese por probar alimentos, a súa relación cos compañeiros, … En definitiva, que as familias cada certo tempo recibades información sobre qué tal se atopa o vos/a fillo/a no servicio de comedor.
Para iso, Jardanay, a empresa de catering do noso comedor, elaborou un informe sinxelo no que a través de pictogramas e un campo de observacións o persoal de comedor poderá transmitir ás familias esta información. Adxuntamos o modelo para que o coñezades. En principio este informe entregarase aos alumnos de Educación Infantil cada 15 días.
Tamén informarvos que dende Jardanay trasladáronos un cambio que van a efectuar no menú deste trimestre. O menú do luns incluía como segundo prato o pastel de peixe. Decidiron sustituílo por milanesa de porco con espirais e este é o motivo desta decisión:
“O pastel de peixe é un prato caseiro que probamos este verán e decidimos introducir no menú trimestral de forma permanente. Elabórase cunha receita caseira con peixe (adoita ser pescada), ten textura de mousse e cocíñase no forno da cociña central, como o resto dos pratos, no propio día que se consome. O prato, como comprobamos os traballadores, dirección, cociña e algúns de vós, está rico, así que nos pareceu que merecía a pena incluílo no menú para introducir novas texturas e variar na forma de presentar o peixe. Con todo, non calou nada nos nenos, probablemente pola súa textura e porque, efectivamente, sabe a peixe. En Jardanay cremos que é importante que os nenos aprendan a comer de todo, incluso o que non gusta demasiado. Con todo, tamén sabemos que hai pratos que xeran tanto rexeitamento entre os nenos que non merece a pena mantelos. Lamentablemente, é o caso do pastel de peixe. Seguiremos traballando para lograr receitas novas, sempre equilibrando saúde e variedade con bo sabor. A pesar de que ás veces nos atopamos con algún fracaso, tamén hai casos de éxito, como o foi o brócoli”.